
Segundo as crónicas, Redondela estivo habitada desde a época dos Saefes ou Celtas. Xogou un importante papel durante as invasións, pois era un punto idóneo de ubicación para os campamentos guerreiros, sendo un dos trampolíns para o despegue económico e cultural da ría. Así o demostran as antigas inscricións e achados nas diversas parroquias do concello, tales como Cabeiro, Cedeira, Cesantes, Negros, Quintela, Saxamonde, Trasmañó, Ventosela, Vilar de Infesta e O Viso.