jueves, 23 de octubre de 2008

Ó miliario de Vilar

Miliario ( do latín miliarius ) é unha columna cilíndrica, oval ou paralelepípida que se colocaba no borde das vías romanas para sinalar as distancias ( de mil pasos ou milla ). Soía ser de granito, coa base cúbica ou cadrada e medía entre 2 e 4 metros, cun diámetro do 0,50 a 0,80 metros. Algún levaba inscricións gravadas directamente, dependendo esta da importancia da calzada ou da proximidade ou afastamento de Roma.

Segundo as crónicas, Redondela estivo habitada desde a época dos Saefes ou Celtas. Xogou un importante papel durante as invasións, pois era un punto idóneo de ubicación para os campamentos guerreiros, sendo un dos trampolíns para o despegue económico e cultural da ría. Así o demostran as antigas inscricións e achados nas diversas parroquias do concello, tales como Cabeiro, Cedeira, Cesantes, Negros, Quintela, Saxamonde, Trasmañó, Ventosela, Vilar de Infesta e O Viso.

No hay comentarios: